- Encantame a canción "Under the bridge" dos Red Hot Chili Peppers, pero inda me gusta máis a versión de Ialma, "Levame". Sona realmente ben. Se te apetece escoitala e comparala coa versión orixinal, aqui tes o enlace:http://www.youtube.com/watch?v=Non-iz8ypCQ

"O valor, o carácter, as ideas, falas, costumes ... son lendas douradas"
Baixo estas palabras de Curros Enriquez, Roi Casal presenta o seu primeiro disco, deixanso atrás dez anos de traballo con Milladoiro.
Este é un disco persoal, cheo de carácter, onde a través de poemas de Rosalía de Castro e Manuel María, así como mediante aportacións propias, este músico consegue facer ritmos máis actuais por medio de vellos sons.
Enlace: www.roicasal.com
-Se cres na máxia o día 18 de decembro é un bo día para poder vela cos teus ollos, xa que chega a pantalla dos nosos cines a adaptación cinematografíca de Onde viven os monstruos, do autor Maurige Sendak.
Este é un conto moi querido, de gran prestixio e que espero que o filme só verifique o obvio.
Conta a historia dun neno, Max, moi intelixente, rebelde e imcomprendido que tras unha forte discuxión coa súa nai, foxe a un lugar moi especial creado pola súa imaxinación. Alí, Max vai descubrir algo moi importante.
Se todavía non leches o conto podes encargalo a través da páxina web da editorial Kalandraka. O conto está enriqueicdo polas ilustracións do mesmo autor e podes atopalo en diversos idiomas.