Se pechas ben os ollos e abres a porta da imaxinación poderás ver máis alá da simple realidade.

sábado, 24 de maio de 2014

TÍTERES DE REDONDELA

Un ano máis en terras veciñas podemos gozar coas marabillosas actuacións dos mellores titiriteiros do mundo. Aproveitade esta ocasión para pasar un momento entrañable cos vosos nenes e nenas. Aquí vos deixo un enlace por si queredes  saber máis.



 Pincha aquí para máis información.

luns, 19 de maio de 2014

MARCAPÁXINAS DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Este ano dedicóuselle a Xosé María Díaz Castro o día das Letras Galegas. E na clase de 3 anos entre outras actividades fixemos un marcapáxinas con algumha información sobre el.




SEMANA CULTURAL / TÍTERES TARABELOS: O TRAXE NOVO DO REI


O pasado venres tivemos unha visita moi especial a compañía de títeres Tarabelos co seu espéctaculo o traxe novo do rei. Aquí vos deixamos unhas fotiños.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow generated with Smilebox

xoves, 15 de maio de 2014

CONTOS NO RINCÓN

Dentro das actividades da Semana Cultural e como espacio permanente ata final de curso habilitáronse nos corredores duhas zonas de lectura unha en Infantil e outra en Primaria, onde os nenos e nenas poden atopar as novidades da Biblioteca.O lema de Infantil para motivar aos nenos e nenas a leer e ABRE UN CONTO E VIAXA e está ambientado nun cartel que indica diversos lugares os que viaxar e no lugar que estamos: o páis dos paxaros, por iso a zona está chea de paxariños. Os nenos e nenas de 3anos xa pasamos por este rincón e repetiremos xa que nos encantou.




SEMANA CULTURAL / CINE EN GALEGO

Dentro das actividades do departamento de Normalización Lingüística na Semana Cultural das Letras Galegas os nen@s do cole participamos en diversas sesión de cine en galego. A nós tocounos ver O Ratonciño Pérez II. 


mércores, 14 de maio de 2014

ALGARABÍA NO COLE

DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

O día 18 de maio debido a gran afluencia acadada na edición anterioren horario de apertura (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00) todas as persoas que se acheguen ao museo poderán visitalo completamente de balde e, ademais, o museo reforzará a súa plantilla para que os/as visitantes podan contar con monitores/as nas diferentes salas do museo para resolver as dúbidas e preguntas que lles desexen formular.


luns, 12 de maio de 2014

SEMANA CULTURAL / ALGARABÍA NO COLE

Dentro das actividades da Semana Cultural das Letras Galegas mañá actuará no cole o grupo folk Algarabía. Este grupo folk trata de transmitir a máxia da tradición galega nas súas actuacións cargadas de alegría e festa.





MIGALLAS EN CONCERTO

Que ben o pasamos hoxe coa visita de Migallas, cantamos, bailamos e aprendemos moitísimas cousas. Tan ben o pasamos que non parábamos de pedir outra.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox






domingo, 11 de maio de 2014

SEMANA CULTURAL / MIGALLAS EN CONCERTO

Mañá o grupo Migallas fará a presentación do seu novo disco Pan de Millo para o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo dentro das actividades da Semana Cultural. Xa vos contaremos que tal.

Aquí vos deixo un enlace para máis información.


sábado, 10 de maio de 2014

ESPETOS DE FROITA


Aquí tedes unha maneira fácil e divertida para que os nenos e nenas coman froita. Con esta actividade pasámolo en grande, tanto que algún ata levou chocolate nas orellas. Pero ademais, tamén traballamos a motricidade fina e aprendemos cousas sobre a alimentación.

INGREDIENTES:
Tres amorodos

Un plátano

Chocolate de untar
 PRECISAMOS:


Un coitelo e un espeto.
ELABORACIÓN:


1. Quitámoslle aos amorodos a parte verde.



 

2. Retiramos a monda do plátano.

3. Cortamos o plátano en anaquiños.

4. Untamos os amorodos no chocolate.

5. E o insertamos no pau.
 

6. Facemos o mesmo co plátano, así ata acabar coas froitas.
 

E LISTO PARA PAPAR!!!!!
Aquí vos deixo as fotos da papada.

CONTAMOS UN CONTO?

Dentro das actividades da semana cultural do cole, os nenos e nenas de sexto de primaria na hora de lectura contáronnos uns contos super chulos. Aquí deixamos unhas fotos deste entrañable momento.




luns, 5 de maio de 2014

OS NOSOS PITIÑOS

Co proxecto dos poliños temos na clase uns invitados que coidar. Dentro duns vinte días veremos se todo sae ben. 
A través desta actividade os nenos e nenas aprenden moitísimas cousas: como se mide a temperatura, como nacen os pitiños e outros animais, respecto pola natureza...