Aquí tedes unha maneira fácil e divertida para que os nenos e nenas coman froita. Con esta actividade pasámolo en grande, tanto que algún ata levou chocolate nas orellas. Pero ademais, tamén traballamos a motricidade fina e aprendemos cousas sobre a alimentación.
INGREDIENTES:
| Tres amorodos |
| Un plátano |
| Chocolate de untar |
| Un coitelo e un espeto. |
| 1. Quitámoslle aos amorodos a parte verde. |
| 2. Retiramos a monda do plátano. |
| 3. Cortamos o plátano en anaquiños. |
| 4. Untamos os amorodos no chocolate. |
| 5. E o insertamos no pau. |
| 6. Facemos o mesmo co plátano, así ata acabar coas froitas. |
| E LISTO PARA PAPAR!!!!! |
Aquí vos deixo as fotos da papada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario