
Se pechas ben os ollos e abres a porta da imaxinación poderás ver máis alá da simple realidade.
mércores, 23 de decembro de 2015
mércores, 16 de decembro de 2015
Día de anos: Nayara e Valeria.
Xa temos dúas princesas máis con máis aniños que pór nas súas mans dende hai uns días.Moitas grazas por compartilo con nós con lambonadas incluidas. Felicidades!!!
martes, 8 de decembro de 2015
luns, 30 de novembro de 2015
luns, 16 de novembro de 2015
E chegou o MAGOSTO!!!
O pasado venres celebramos o magosto no cole, onde todos e todas o pasamos xenial. Xogamos a xogos populares e despois de facer fame castañaadaaaa!!!
Ademais unha das nosas compañeiras resultou nomeada Mis Magosto xunto cun neno de sexto.
E por si fora pouco deron os premios das mellores cabazas onde Ale da nosa clase foi gañador.
Experimentando coa auga
Como estamos traballando en sociais o tema da auga e é moi importante coñecela de preto, non hai nada mellor que experiementar con ela.
Un recitado ben amañado
Esta claro que na miña clase teño uns bos artistas. O outro día tiñamos que escribir un recitado. A pesar de que había moitos bos, escollimos un para que vexades os artistas que temos na clase.
OS OVOS
Lirilili, vou á casa
Lirilili, a que?
Lirilili, a cocer ovos
Lirilili, para que son os ovos?
Lirilili, para comelos todos.
domingo, 15 de novembro de 2015
mércores, 4 de novembro de 2015
O CICLO DA AUGA
Esta semana comenzamos cun novo tema en sociais: A auga. Nesta ligazón atoparás un vídeo que explica moi ben o ciclo da auga.
martes, 3 de novembro de 2015
Nomes propios e comúns
Aquí vos deixo un enlace cun xogo moi divertido sobre nomes comúns e propios.
domingo, 18 de outubro de 2015
DÍA DE ANOS DE YAIZA
Este venres celebramos o primeiro día de anos do curso escolar cun rico biscoito e lambetadas. Grazas Yaiza, que cumpras moitos máis.
A mascota de Naim
O pasado venres pasou pola nosa clase unha invitada moi especial, a mascota de Naim, Lola. Unha fermosa gata que Naim morría por ensinar aos seus compañeiros.
mércores, 14 de outubro de 2015
Concurso de rimas na clase
Hoxe fixemos un pequeno concurso de rimas na clase. As rimas gañadoras son as seguintes:
*Vinte e vinte, corenta
que non veña Fedorenta.
*Cuarenta más cuarenta, ochenta
que sorpresa.
luns, 5 de outubro de 2015
Actividades orden alfabético
Aquí está o xogo que vos ensinei hoxe na clase para que practiquedes a orde alfabética.
Tamén vos deixo este xogo, por si vos aburrides moito na casa con este tempo.
luns, 21 de setembro de 2015
Este ano....
Queremos sacar un dez. Queremos aprender moito. Queremos esforzarnos. Queremos pasar a terceiro. Facer moitos amigos. Queremos portarnos ben. Queremos falar pouco.
mércores, 16 de setembro de 2015
luns, 18 de maio de 2015
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Esta foi unha semana cargada de actividades para explorar, escoitar, correr, saltar... pero sobre todo para aprender. Para aprender moitas cousas sobre as nosas letras e os nosos escritores.
Aquí deixamos unhas fotiños das distintas actividades.
Aquí deixamos unhas fotiños das distintas actividades.
Actuación da A. F. Algarabía
Oficios daquí de sempre
Charla Intercultural
Xogos tradicionais
E como remate da festa...
Cantamos o himno galego e soltamos globos con mensaxe
venres, 8 de maio de 2015
xoves, 7 de maio de 2015
DÍA DE ANOS DE CAROLINA
Feliz día Carol!!!
Moitas grazas por compartir esta rica torta con nós.
E tamén por todas as lambetadas.
martes, 24 de febreiro de 2015
PÁSAO BEN E AXUDA
O vindeiro 28 de febreiro no Centro Cultural de Matamá ás 18:00h vaise celebrar un festival solidario para nen@s con sindrome de aspeger. Haberá pallasos, o showman Alberto Cunha, orquesta Pantasma, Teatro Mengano e Fulano, Baile moderno e moitas sorpresas todo por un módico prezo de 3 euriños.
Únete a esta boa causa, conseguirás facer feliz a un neno.
FELIZ DÍA DE ANOS JESI!!!
O domingo estivo de aniversario a nosa compañeira Jesenia e para celebralo con nós, tróuxonos unhas super galletas de Violeta que ademais de ser super chulas estaban boísimas.
Moitas grazas pequena princesa.
luns, 23 de febreiro de 2015
ADIANTE ROCINANTE
Xa chegou o Entroido e con el o noso traxe de Rocinante a fiel montura do cabaleiro andante, Don Quijote.
xoves, 12 de febreiro de 2015
4º MANDADIÑO: LENTES HAS DE TRAER.
Este Meco cada vez máis tolo. Remantado a semana lentes tivemos que traer. E menudas lentes, cada cal máis peculiar.
mércores, 11 de febreiro de 2015
luns, 9 de febreiro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)