O outro día a
mamá de Alexandre, Sara viu o cole a axudarnos cunha receita moi especial de
salmón do noso proxecto de cociña. Ademais de traballar coas mans, tamén aprendemos cousas sobre o salmón.
Foi una clase moi interesante.
RECEITA:
Hamburguesas de salmón.
INGREDIENTES:
- 200 g de salmón fresco
- 2 ceboliñas medianas
- 2 cullaradas de limón
- 2 cullaradas de maionesa
- 1 cullarada de ketchup
- 40g de pan raiado
- fariña
- 2 ovos
- 50g de pan duro
.JPG) |
1. Comezamos desmigando o pan. |
.JPG) |
2. Esmiuzamos o salmón coa axuda do coite e tamén das mans. |
.JPG) |
3. Añadimos os anacos de salmón nunha cunca
para traballar mellor.
|
.JPG) |
4. Engadimos a cebolliña prefiamente picada. |
 |
5. Engadimos dúas culleradas de zume de limón. |
.JPG) |
6. E mesturamos. |
.JPG) |
7. Engadimos dúas culleradas de maionesa. |
.JPG) |
8. Tamén unha de ketchup. |
.JPG) |
9. Engadimos as migallas do pan duro. |
.JPG) |
10. E mesturamos un pouco máis. |
.JPG) |
11. Facemos unhas bolliñas coa masa. |
.JPG) |
12. Batemos os ovos. |
.JPG) |
13. Agora coa axuda de Sara os pasamos por fariña, ovo e pan raiado.
E LISTO PARA PAPAR!!!!
Deixo aquí algunhas fotiños máis.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario